O Concello de Vigo comprométese a soster o MARCO

Realizou unha achega de 605.000 euros ao centro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O 70% dos ingresos do MARCO para 2013 chegarán do Concello de Vigo. A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobaba onte achegar unha subvención de 605.000 para asegurar a continuidade do centro. Ademais, o alcalde vigués, Abel Caballero, anunciou que a cámara municipal asumirá os gastos do centro en adiante. Caballero censurou os recortes que a Xunta e o Ministerio de Cultura fixeron nas súas achegas para o centro, e lembrou que a Deputación de Pontevedra non fixo efectivo o apoio económico comprometido.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo, Abel Caballero, Ministerio de Cultura, Deputación de Pontevedra...