O Ministerio de Cultura confirma o apoio á biblioteca de Vigo

A localización na Escola de Artes e Oficios non está fechado

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O encontro que mantivo onte o alcalde Vigo, Abel Caballero, con Rogelio Blanco, director xeral do Libro do Ministerio de Cultura, non despexou as dúbidas sobre a futura localización da biblioteca de Vigo. Blanco asegurou o seu apoio á nova instalación, para a que o ministerio destinou 1,6 millóns de euros. Pola súa banda, Caballero sinalou que o centro estará situado "na milla cultural de Vigo", segundo el, "entre edifcios coma o Aduitorio de Beiramar, o teatro García Barbón, a Casa das Artes, o Centro Social Caixanova, a fundación Barrié o Centro Social Caixa Galicia, o MARC, a Escola de Artes e Oficios e o Teatro Fraga", sen concretar a súa localización concreta.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Ministerio de Cultura, Teatro, Abel Caballero...