O Concello de Vigo apoia o traslado da nova Biblioteca

A nova proposta sitúa o equipamento no edificio da Escola de Artes e Oficios

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aposta finalmente polo edificio da Escola de Artes de Oficios para acoller a Biblioteca do Estado proxectada para a cidade. Caballero explicou que a mudanza na localización débese á incompatibilidade entre o proxecto de rehabilitación da Praza do Rei feito polo arquitecto Rafael Moneo e a construción neste espazo dun edificio para o equipamento. Caballero xa contactou a nova ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde para lle comunicar a proposta, indicando que o edificio cumpre coas necesidades indicadas polo ministerio e que mesmo en 500 metros cadrados a superficie de catro mil solicitada. A nova proposta obrigará ao traslado da Escola de Artes e Oficios, para a que o rexedor indicou que xa ten tres posibles localizacións.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo, Abel Caballero

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares