Moneo desconsella a Praza do Rei para a biblioteca estatal de Vigo

O Ministerio xa presupostara para este ano o inicio das obras da biblioteca

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Rafael Moneo é o arquitecto escollido polo Concello de Vigo para transformar o espazo que rodea o edificio consistorial da cidade. O seu proxecto para a zona que vai desde o castelo de San Sebastián ata a ladeira do Castro non encaixa co emprazamento que se establecera para a biblioteca estatal nun edificio na Praza do Rei. De momento, segundo publica hoxe Faro de Vigo, non hai nada decidido pero o posible cambio de emprazamento obrigaría a adiar as obras de construción que xa estaban presupostadas no Ministerio de Cultura.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Concello de Vigo, Faro de Vigo, Ministerio de Cultura