O auditorio de Vigo non acollerá finalmente a Biblioteca Nodal

O alcalde propuxo un predio en Navia para o edificio

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O demorado proxecto da Biblioteca Nodal de Vigo continúa sen se concretar. O alcalde da cidade, Abel Caballero, anunciou onte que descarta a proposta de a ubicar no Auditorio da Cidade, ante os informes contrarios de técnicos do Ministerio de Cultura, que consideraban que o espazo nesta instalación era insuficiente. Faro de Vigo adianta que o alcalde ofertou o pasado mércores, nunha xuntanza con representantes do Ministerio, un predio de 5.000 metros cadrados na zona de Navia para construír este equipamento.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Abel Caballero, Ministerio de Cultura, Faro de Vigo

Claves

Protagonistas
Lugares