Vigo constrúe a súa primeira biblioteca de barrio

Será o inicio dunha rede destes equipamentos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A primeira biblioteca municipal de barrio de Vigo será unha realidade antes de que acabe o ano. Así o anunciaban onte Santiago Domínguez, tenente alcalde da cidade, e mais Xesús López, concelleiro de Cultura. O proxecto conta cun orzamento de 457.404 euros e prevé un espazo de 400 metros cadrados que albergará 9.000 volumes, hemeroteca, espazo multimedia e outras instalacións. O centro será o primeiro da futura Rede de Bibliotecas de Barrio, que seguirá pola parroquia de Navia e se ampliará posterioremente a outras zonas da cidade. A iniciativa está financiada cos fondos do Plan Estatal de Investimento Local.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Bibliotecas

Claves

Conceptos
Lugares