O Congreso de Bibliotecas incide nas problemáticas destes centros

O Concello da Coruña ampliará a súa rede municipal

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A primeira xornada do IV Congreso de Bibliotecas que se celebra na Coruña serviu para que o ministro de Cultura, César Antonio Molina incidise na importancia destes centros "para rachar desigualdades sociais" ou que Ánxela Bugallo incidise en que deben ser "centros culturais integrais". No entanto, tamén houbo tempo para reclamacións. Deste xeito, María Antonia Carrado, subdirectora xeral de Coordinación Bibliotecaria no Ministerio, denunciou o escaso apoio que prestan as deputacións ás bibliotecas locais en todo o Estado. Pola súa banda, o alcalde da Coruña, Javier Losada, lembrou a importancia da Rede de Bibliotecas desta cidade e anunciou a vindeira posta en marcha dun novo centro no barrio dos Rosales e doutro integrado no Centro Cultural Ágora, en Agra do Orzán. Segundo Losada, este último proxecto conta cun investimento de 8,1 millóns de euros.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Concello da Coruña, César Antonio Molina, Ánxela Bugallo...

Claves

Conceptos
Lugares