Cultura quere ter nova Lei de Bibliotecas en 2010

A coordinación entre centros e a integración das novas tecnoloxías son os principais obxectivos do texto

30/12/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentaba onte na reunión do Consello Galego de Bibliotecas o rascunho da que quere sexa a vindeira Lei de Bibliotecas. O texto prevé mellorar a coordinación da Rede Galega de Bibliotecas e desenvolver un Mapa de Bibliotecas Públicas para diagnosticar a situación do sector. Outro grande eixe de actuación previsto é incidir na informatización e desenvolver a rede 2.0 nestes centros. A renovación da Lei de Bibliotecas é unha arela que se mantén na política galega desde hai anos, xa que a actual data de 1989. Na mesma xuntanza, Varela incidiu en que prevé que para 2010 se abra a Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Roberto Varela, Biblioteca de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia