A Xunta aproba o anteproxecto da Lei de Bibliotecas

O traballo en rede, as novas tecnoloxías e achegar a cultura ao público inspiran o texto

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A longamente agardada Lei de Bibliotecas de Galicia está finalmente chegando ao final do seu proceso de xestación. O Consello da Xunta aprobaba esta mañá un texto no que, segundo o propio Goberno, quérese modernizar o sector e se aposta polo traballo en rede entre unhas bibliotecas centrais ben dotadas e centros de proximidade que acheguen os produtos culturais aos cidadáns. Entre as novidades o texto contempla a realización do Mapa de Bibliotecas, a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e a función da Biblioteca de Galicia como institución central do patrimonio bibliográfico do país, así como a transferencia da xestión das bibliotecas estatais á Comunidade Autónoma.

A visión destes centros como lugares de encontro con funcións de formación e aprendizaxe son tamén elementos transversais no texto da lei, segundo sinala a nota da Xunta. Entre outras apostas, prevese incidir na presenza das novas tecnoloxías nas bibliotecas, potenciar as bibliotecas municipais ou o desafío das bibliotecas dixitais. Segundo sinala o texto, "o modelo de biblioteca para implantar rompe co concepto tradicional de biblioteca pública que a identificaba como un espazo exclusivo para estudantes ou como un almacén de libros".

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Biblioteca de Galicia

Claves

Conceptos