A Coruña acolle o IV Congreso Estatal de Bibliotecas Públicas

Intercambiaranse experiencias sobre a participación e a modernización destes centros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Experiencias de traballo en rede e de cooperación entre centros, a accesibilidade ás bibliotecas e a súa apertura á sociedade, as novas ferramentas informáticas ou a proxección exterior do traballo que se fai cos libros son algunhas das cuestións que se debaten desde hoxe e ata o vindeiro venres na Coruña. A Cidade Herculina acolle o IV Congreso Estatal de Bibliotecas, no que responsables de centros deste tipo de compartirán as súas experiencias en ámbitos tan variados coma a introdución da BD nos andeis ou as iniciativas con prelectores. Nos relatorios galegos falarase da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, dos clubes de lectura do Fórum Metropolitano ou da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, A Coruña, Fórum Metropolitano, Cidade Herculina

Claves

Conceptos