Doce centros súmanse á Rede de Bibliotecas de Galicia

O organismo integra así a totalidade de bibliotecas municipais activas no país

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Rede de Bibliotecas de Galicia medra e incorpora doce novos espazos de lectura de dez concellos diferentes. O Diario Oficial de Galicia deste 18 de decembro publicaba as ordes polas que se integran neste organismo os centros bibliotecarios municipais de Cerdedo-Cotobade, Dumbría, Entrimo, Guitiriz, Lousame, Muras, Muros, A Pastoriza, Portas e San Cristovo de Cea. No caso de Dumbría, canda á biblioteca municipal, súmanse dúas axencias de lectura.

Este paso permitiralle ao persoal dos centros participar nos programas de formación que convoca anualmente a Consellería de Cultura. As novas integracións cumpren "o obxectivo de que todas as bibliotecas públicas municipais de Galicia que estean activas se atopen en igualdade de condicións á hora de acceder ás axudas públicas así como a todos os recursos que ofrece a Administración autonómica á local neste ámbito", segundo explica o web da Consellaría. O seguinte obxectivo, previsto para 2020, é que todos os servizos bibliotecarios municipais de Galicia conten co sistema KOHA que permita o emprego do carné único das bibliotecas públicas de Galicia e o acceso á biblioteca en liña para préstamo de libro dixital e de audiovisuais.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Cotobade, Cerdedo, Lousame...