O Diario Oficial de Galicia recollÃa onte a orde de concesión das axudas a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal no marco do programa Ler conta moito. En total, distribúense 195.000 euros entre 154 concellos, cada un dos cales recibirá 1.026,31 euros no marco desta iniciativa. Con estes fondos, os concellos poderán cubrir o 75% do custo das actividades que poden seleccionar no catálogo deste programa, e deberán facerse cargo do 25% restante.