A ConsellerÃa de Cultura e Turismo publicaba o pasado venres no Diario Oficial de Galicia as bases de dúas liñas de subvencións dirixidas ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal; unha para a adquisición de novidades editoriais en galego en formato fÃsico e a outra para a mellora das coleccións bibliográficas. En total 300.000 euros entre ambas liñas, un terzo para a adquisición de novidades editoriais e o resto para a mellora de coleccións. As bibliotecas e axencias públicas de lectura municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, poden beneficiarse destas axudas. A primeira liña de axudas, que subvenciona a dotación de novidades editoriais en galego en formato fÃsico permitirá a compara de novidades editoriais en cantidades máximas que van desde o 500 euros para os concellos de menos de 201 habitantes ata os 2.500 para os de máis de 50.000 habitantes. Unha vez adxudicada a subvención en libros por un importe económico que se establece segundo os parámetros da poboación a que atende cada servizo bibliotecario público municipal, este poderá seleccionar os tÃtulos incluÃdos nunha plataforma electrónica na que incorporarán as novidades as editoriais que publiquen en galego, que tamén serán as encargadas da distribución directa de cada libro solicitado desde a editorial a cada entidade beneficiaria. O segundo programa, dedicado á mellora das coleccións bibliográficas, distribuirase en máximos entre os 800 e os 5.000 euros segundo o mesmo criterio de poboación dos concellos ata os 200.000 euros do orzamento.
A orde reguladora das bases recoñece na súa exposición de motivos que debido ás circunstancias extraordinarias derivadas da pandemia provocada pola incidencia da COVID-19 e ás graves consecuencias previsibles para a economÃa en xeral e para o sector editorial en particular, o Plan de reactivación da cultura exixe unha actuación da Administración que pasa por centrar recursos en obxectivos próximos que permitan paliar a situación deste sector e poidan acadar unha dinámica máis expansiva dentro da cultura galega. A ConsellerÃa recoñece que o sector editorial galego resulta clave para o desenvolvemento do paÃs, o libro e a produción escrita constitúen na actualidade unha das bases do prestixio cultural de Galicia e, ao mesmo tempo, a necesidade de que eses produtos editoriais se poñan ao alcance do público lector no sistema bibliotecario público.