O director xeral de PolÃticas Culturais da Xunta, Anxo Lorenzo, anunciou onte durante o Consello de Cooperación Bibliotecaria o incremento do orzamento do programa de dinamización lectora Ler conta moito, iniciado en 2013. O programa contará en 2019 con 345.000 euros, incrementando en 150.000 o exercicio anterior. A suba está vinculada ao acordo entre Cultura e Vicepresidencia da Xunta de Galicia, para engadir orde de subvencións para a programación de actividades de dinamización da lectura "destinadas á prevención e sensibilización contra a violencia de xénero nas bibliotecas e axencias de lectura públicas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia".