Os bibliotecarios galegos piden que a Xunta asuma o canon das bibliotecas

En Galicia a nova normativa afecta a 113 bibliotecas

22/8/2014 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
2 lecturas | Compartido 0 veces
María Jesús Álvarez, presidente da Asociación de Bibliotecarios Municipais de Galicia, manifestouse contraria á aplicación do canon de dereitos de autor nas bibliotecas públicas municipais, que considera un "repago", e insta á Xunta a facerse cargo do pagamento desta taxa, que será recadada directamente polas sociedades de xestión de dereitos. En Galicia, o canon polo cal as bibliotecas deben pagar 0.16€ por prestamos, además de 0.05 por cada usuario. En declaracións a La Voz de Galicia, Álvarez manifestou que "non vai ser a Administración a que se faga cargo da reacadación, senón as propias xestoras dos dereitos de autor. Canto mellor traballes e maior número de préstamos teñas, maior pagamento. Isto vai en contra dos principios das bibliotecas públicas".
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades