Os préstamos nas bibliotecas da Xunta medraron un 30 por cento

En total na Rede de Bibliotecas de Galicia prestáronse 1,3 millóns de obras

| Santiago. Redacción | Seccións:
Compartir:

Durante 2021 as bibliotecas públicas que dependen da Xunta realizaron un total de 700.000 préstamos. A cifra supón un incremento do 30% a respecto do anterior ano, a incluír tanto obras de ficción como de non ficción, para diferentes públicos e a contar películas e publicacións periódicas.

A sumar a estes os préstamos do resto de centros integrados na Rede de bibliotecas de Galicia, o número total superou os 1,3 millóns. A maiores, a plataforma de préstamo de libros electrónicos Galicia Le, chegou aos 113.000, cifra que duplica aos rexistrados en 2019, cando se prestaran máis de 56.000.

Por títulos, o manga Naruto encabeza as solicitudes por parte das persoas usuarias nas bibliotecas das grandes cidades galegas, agás no caso de Ourense onde Mortadelo e Filemón é o título máis demandado.

A Consellería de Cultura deu a coñecer os datos este 11 de xaneiro, a coincidir coa celebración do Día das persoas usuarias das bibliotecas. Con ocasión da data nomearanse os socios e socias de honra entre as persoas que levasen máis materiais nos últimos 12 meses e desenvolveranse visitas guiadas e outras actividades en diferentes centros.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Consellería de Cultura, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares