A furgoteca da Xunta chegou a 12.000 persoas no seu primeiro ano

A Consellería de Cultura anuncia unha nova ruta do servizo de bibliotecas móbiles por 20 concellos de Ourense

16/1/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Imaxe da presentación da Furgoteca

Desde a súa posta en marcha en marzo de 2023 a Furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia, recibiu 12.050 visitas ao longo das súas rutas por 20 concellos rurais das provincias de Lugo e de Ourense. Segundo fixo público a Consellería de Cultura, en total, estas furgonetas realizaron ademais un total de 11.665 préstamos de libros, películas, música, xogos e publicacións periódicas. O programa completouse nestes meses con 300 actividades de dinamización ás que acudiron 5.483 asistentes.

Ademais, o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, anunciou que neste 2024 a actividade ampliarase cunha terceira ruta que sumará 10 novos concellos ourensáns aos itinerarios da furgoteca. Lobeira, Muíños, Padrenda, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus e Verea serán as novas localidades que recibirán as visitas deste servizo.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Consellería de Cultura, Ourense, Xunta de Galicia...