Os resultados acadados polo programa autonómico de bibliotecas móbiles enténdense como un éxito pola Xunta de Galicia, ante os datos presentados hoxe no Consello de Goberno, e animan ao executivo a levar a cabo unha renovación e ampliación do programa. AsÃ, tras atender a máis de 14.300 persoas no seu primeiro ano de funcionamento, emitir 1.400 carnés de lector, case 15.000 préstamos e un total de 335 actividades de dinamización, nas que participaron máis de 6.600 asistentes, a Xunta de Galicia destinará máis de 650.000 € a este proxecto, co fin de reforzalo e poñer en marcha unha terceira liña. Segundo o acordado hoxe na reunión do Consello da Xunta, a furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles de Galicia no rural de Lugo e Ourense, ampliará a súa cobertura cunha terceira ruta na provincia de Ourense, que atenderá a dez novos concellos: Lobeira, MuÃños, Padrenda, A Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus e Verea, que, no seu conxunto, suman 11.233 habitantes.
Segundo o informe presentado hoxe no Consello da Xunta, desde que botou a andar, a biblioteca móbil estivo presente en 20 concellos de menos de 2.000 habitantes das provincias de Lugo e Ourense, os que suman un total de 21.930 veciños. Son: Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela na provincia de Lugo; e Baltar, Os Blancos, Calvos de RandÃn, Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, OÃmbra, Trasmiras e Vilardevós na provincia de Ourense. . Desde marzo de 2023, a furgoteca viaxa dúas veces ao mes a cada un dos concellos incluÃdos nesta iniciativa e organÃzase de tal xeito que un dos dÃas se asenta nos lugares de maior afluencia de público, nos que se celebran feiras, mercados ou hai centros de saúde, residencias, pavillóns de deporte ou centros socioculturais, mentres que o segundo realiza un percorrido polas aldeas para ofrecer un servizo personalizado porta a porta. Estas persoas teñen acceso a todos os servizos básicos de calquera biblioteca: expedición de carnés, préstamo e devolución, recomendación de contidos e lectura e formación na consulta do catálogo único da rede de bibliotecas e en GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros electrónicos.
Para poder cumprir cos obxectivos, as furgotecas están compostas por unha colección que consta de preto de 3.750 exemplares entre libros, publicacións periódicas, audiovisuais e xogos. Trátase dunha colección que partiu de 500 tÃtulos para cada unha das liñas e que se foi ampliando progresivamente incorporando novidades e atendendo as peticións dos usuarios. Tamén se atopan dispoñibles as coleccións das bibliotecas públicas de Lugo e Ourense que as complementan nos casos de que as persoas usuarias demanden exemplares que non estean dispoñibles na furgoteca.