A pandeireta reivindica a súa modernidade nunha xornada do CCG en Lugo

Organiza unha xornada e unha exposición este mércores 3 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A pandeireta reivindica a súa modernidade nunha xornada do CCG en Lugo

A pandeireta deixa de ser unicamente un instrumento de acompañamento para reclamar o seu protagonismo. O Consello da Cultura Galega (CCG) organiza hoxe, 3 de decembro, a xornada "A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral" na cidade de Lugo. A cita busca afondar na transformación que viviu este elemento icónico do noso patrimonio sonoro nas últimas décadas. A través de mesas de debate e relatorios, expertos e músicos analizan como a pandeireta transcendeu o seu ámbito tradicional nas foliadas e o seráns para converterse nunha peza clave de espectáculos de gran formato e novas propostas artísticas que mesturan o raíz coa vangarda. Ademais da xornada de debate, a programación inclúe a apertura dunha exposición temática que percorre a historia, a morfoloxía e a relevancia social da pandeireta en Galicia. A mostra busca dignificar un instrumento historicamente vencellado ás mulleres e á transmisión oral, e que hoxe vive unha "idade de ouro" grazas a unha nova xeración de pandeireteiras e pandeireteiros que o levaron a escenarios internacionais.

Que che parece esta nova?
109 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Ouro, Mulleres, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos
Lugares