Un novo volume facilita a aprendizaxe da gaita

O gaiteiro técnico súmase a lanzamentos como Manüele de pandeireta e canto tradicional

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Un novo volume facilita a aprendizaxe da gaita

Juan Luna é o autor de O gaiteiro técnico, un volume que pretende facilitar a iniciación ao instrumento por excelencia da nosa música tradicional. Orientada a principiantes, a obra presenta 248 exercicios, 6 estudos e 16 preludios e foi editada pola asociación A Píntega Marela, que anuncia a súa intención de continuar unha serie de obras para a formación sobre este instrumento. De xeito paralelo, preséntase o vindeiro 17 de xuño en Compostela un volume editado hai case un ano, Manüele de pandeireta e canto tradicional. Da man de Xandre Otero a obra, que vai pola súa segunda edición, recolle cantares de Fornelos de Montes, Mondariz, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas e O Covelo, e pretende ser a primeira dunha colección con esta temática.

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mondariz, Santiago de Compostela