Abren as votacións para escoller a Palabra do Ano

Desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio son as propostas finalistas na convocatoria que realizan a RAG e a Fundación Barrié

Desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio son as propostas finalistas na convocatoria que realizan a RAG e a Fundación Barrié
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié facían públicas este 3 de decembro a propostas finalistas para seren escolleitas como Palabra do Ano. Logo de finalizar o período para enviar propostas abre agora, e ata o vindeiro 21 de decembro, o prazo de votación popular. Desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio foron as escolleitas para esta fase final.

Segundo apunta a RAG, "os vocábulos finalistas representan dalgún xeito distintos asuntos que marcaron a actualidade dos últimos meses, tanto a nivel local como global; e reflicten a inquedanza social ante a crecente vulneración dos dereitos humanos ou a ameaza dos grandes incendios forestais, mais parte deles tamén lles dan cabida ás necesarias esperanza e alegría". As votacións están abertas a través do Portal das Palabras.