A organización do Culturgal, a feira das industrias culturais galegas, abriu onte o prazo para que os interesados voten na nova edición do seu Premio do Público. As asociacións gremiais que organizan o evento propoñen escoller entre o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o festival de documentais Play-Doc de Tui e mais o Portal das Palabras creado pola RAG en colaboración coa Fundación Barrié como finalistas ao galardón. O premio busca recoñecer "aquelas propostas novidosas, con proxección de futuro, transversais e asociativas, que se relacionen directamente coa sociedade civil e fomenten a súa implicación". As votacións, que se poden facer en liña, escollerán o gañador que recibirá o diploma acreditativo o vindeiro 3 de decembro no transcurso da feira.
A organización acaba tamén de dar a coñecer o programa infantil da feira. Concertos, obradoiros de ciencia ou de arquitectura, presentación de libros, globoflexia ou ilusionismo fan parte das actividades que se desensvolverán entre o venres 1 e o domingo 3 de decembro.