A organización do Culturgal abriu o pasado venres o prazo de votación para seleccionar o premio do público da vindeira edición da Feira das Industrias Culturais. Nesta ocasión, os interesados poden escoller a través da rede entre a Casa de RosalÃa de Castro, o Chanfaina Lab e mais a Rede Cultural da Deputación da Coruña a súa proposta favorita. As asociacións gremiais que fan parte de Culturgal escolleron as tres iniciativas finalistas a valorar o seu carácter innovador "con proxección de futuro, transversais e asociativas, que se relacionen directamente coa sociedade civil e fomenten a súa implicación".
Segundo explica o Culturgal no seu web, a Casa de RosalÃa é, logo de "case cinco décadas de historia, unha referencia dentro e fóra de Galicia e, ademais, desde hai un lustro axitando con novos aires o legado da autora galega por excelencia". Pola súa banda do Chanfaina Lab de San Sadurniño destaca o se tratar dun "proxecto de creación colectiva que implica de maneira activa a creadores e veciñanza e que segue medrando ao longo das súas cinco edicións". Finalmente, encol da Rede Cultural da Deputación da Coruña sinala que "constitúe unha programación de espectáculos -fundamentalmente artes escénicas e música, pero tamén contidos audiovisuais-, que pon en contacto cada ano a máis de cincocentas empresas, entidades e compañÃas con (practicamente) todos os concellos da provincia". O prazo para votar está aberto ata as 23.59 horas do venres 23 de novembro.