Culturgal chama a votar os seus premios

Curtocircuíto, a MIT e Sinsalaudio compiten este ano

26/10/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
29 lecturas | Compartido 0 veces

O pasado venres, 23 de outubro, abría o prazo para que o público vote a iniciativa que será gañadora do Premio Culturgal 2015. Ata o 21 de novembro todos os interesados poden pronunciarse, vía web, sobre cal é a mellor das tres propostas que a Asociación Culturgal seleccionou como finalistas. Nesa ocasión, optan ao premio o festival Curtocircuíto, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e mais o colectivo Sinsalaudio. Os premios buscan recoñecer "proxectos destacados e relevantes para a sociedade e vinculados á cultura galega. Valoraranse especialmente aquelas propostas novidosas, con proxección de futuro, transversais e asociativas, que se relacionen directamente coa sociedade civil e fomenten a súa implicación".


Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Curtocircuíto, Sinsalaudio, MIT...