Dez producións compiten polo premio á mellor micromovie en Curtocircuito

Microcurtas

12/9/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
30 segundos deben ser suficientes para contar unha historia. Isto é o que pensaron os organizadores de Curtocircuíto, o festival de curtametraxes de Santiago cando crearon “Anacos”, unha sección na que entran todas as aquelas micromovies con duración inferior a trinta segundos. Xa coñecemos as finalistas, entre as que están títulos como “Diario de cicatrices” de Olaia Sendón ou “Contratempo” de Andrés Victorero. A gañadora saberase o vindeiro 21 de outubro no transcurso da gala de entrega de premios.

Máis información no web de Curtocircuito

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Olaia Sendón, Curtocircuíto

Claves

Protagonistas
Entidades