O Diario Cultural leva o premio do público do Culturgal

As votacións recoñecen o programa da Radio Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Ana Romaní, directora do Diario Cultural. Fonte: CRTVG

Ana Romaní, directora do Diario Cultural. Fonte: CRTVG

Con 361 votos, o programa Diario Cultural da Radio Galega obtiña onte o Premio do Público de Culturgal. Os votantes da Feira Galega das Industrias Culturais seleccionaron este proxecto como a mellor iniciativa do ano. Os outros dous finalistas foron o festival Cineuropa, que obtivo 269 votos e mais o salón de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico que recibiu 171 apoios. A iniciativa gañadora recibirá o vindeiro 7 de decembro o diploma acreditativo desta distinción.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Radio Galega, Feira, Banda deseñada...