Miguelanxo Prado opta a un dos Premios Nacionais de BD portugueses

Viñetas desde o Atlántico é candidato aos premios do público do Culturgal

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Miguelanxo Prado opta a un dos Premios Nacionais de BD portugueses

A versión da editorial ASA de Ardalén, de Miguelanxo Prado opta a facerse cun dos galardóns dos Premios Nacionais de Banda Deseñada de Portugal. O traballo do galego opta ao premio ao Melhor Álbum de Autor Estrangeiro, e o resultado coñecerase o vindeiro 1 de Novembro, na Cerimónia de Entrega de Prémios do AmadoraBD 2014. En paralelo, o festival Viñetas desde o Atlántico é unha das tres iniciativas que a organización do Culturgal, Feira das Industrias Culturais, seleccionou como finalistas para os Premios do Público. O salón de banda deseñada da Coruña compite co Festival Cineuropa e mais co Diario Cultural da Radio Galega. A proposta gañadora contará cun espazo propio na feira e recibirá un diploma acreditativo. As votacións poden facerse no web do Culturgal ata o vindeiro 18 de novembro.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Miguelanxo Prado, Viñetas desde o Atlántico, Atlántico...