Miguelanxo Prado leva o premio ao autor foráneo no Festival de Amadora

Viu recoñecido o seu traballo en Presas fáceis

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Miguelanxo Prado leva o premio ao autor foráneo no Festival de Amadora

O último traballo de Miguelanxo Prado acaba de lle valer o Prémio ao Melhor Álbum de Autor Estrangeiro no Festival de Banda Desenhada de Amadora (Portugal). Presas fáceis, publicado por Edições Levoir foi recoñecido polo xurado dos Prémios Nacionais de Banda Desenhada 2016 logo de se impor a Eu, Assassino, de Antonio Altarriba e Keko, Fatale, de Ed Brubaker e Sean Phillips, O Pugilista, de Reinhard Kleist e Talco De Vidro, de Marcello Quintanilha. Na categoria de mellor álbum de autor portugués venceu Tudo Isto é Fado, de Nuno Saraiva. O xurado dos galardóns estivo composto por Luís Salvado, Marco Mendes, Nelson Dona e Sandy Gageiro. A 27 edición do Festival de Amadora está en marcha desde o pasado 21 de outubro e remata o vindeiro día 6 de novembro.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Portugués, Portugal, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares