Miguelanxo Prado rematará en 2011 Ardalén, o seu novo traballo

Os medios fanse eco de Viñetas desde o Atlántico, como de costume

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Nunha entrevista en El País a propósito do arranque de Viñetas desde o Atlántico, Miguelanxo Prado adianta datos da banda deseñada que está a realizar. Titularase Ardalén, terá formato de novela gráfica e unha extensión 170 páxinas, das que leva feitas 16. O autor coruñés conta con acabar esta historia arredor da memoria persoal dentro de dous anos. No entanto, os diversos medios de comunicación do país e do Estado continúan a seguir o desenvolvemento do festival de BD da Coruña.

Mañá xoves, 13 de agosto, os autores convidados ao XII Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico visitarán pola mañá Santiago de Compostela. A axenda da tarde fixa dúas charlas co público, unha co catalán Pascual Ferry, debuxante de superhéroes para os EEUU, e outra co clásico debuxante italiano Vittorio Giardino.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A cidade da BD

A cidade da BD

A novena arte conquista A Coruña nun Viñetas desde o Atlántico máis descentralizado ca nunca

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Viñetas desde o Atlántico, Atlántico, Medios de comunicación...