O colectivo cultural coruñés In Nave Civitas convocou para este seis de maio unha concentración ante o Pazo de MarÃa Pita, sede do concello coruñés. Co lema "Mil agostos máis para Viñetas con Miguelanxo!" a convocatoria quere amosar o apoio social "a Miguelanxo Prado e ao modelo de festival de banda deseñada que creou e leva organizando co Concello dende 1998".
O pasado 30 de marzo, Prado presentaba a súa renuncia como director do festival Viñetas desde o Atlántico pola falta de dotación orzamentaria. O colectivo convocante quere "amosar o agradecemento da cidadanÃa a Miguelanxo e o noso apoio ao modelo de 'acto cultural' que é Viñetas para evitar que se transforme, como semella que denunciou Prado, nunha feira mercantil ou festiva".
A convocatoria convida a todas as persoas afeccionadas á BD a se achegar á praza ás 18 horas "para sentar a ler as nosas bandas deseñadas favoritas e amosar aos nosos mandatarios que queremos que Viñetas siga a ser o que sempre foi", explica o colectivo.