Se fai doce meses a elección de "sentidiño" como palabra do 2019 viunos moi ben para comezar este ano, agora, transcorrido o 2020 os galegos consideramos que "nós" é a verba que define o noso sentir colectivo. "Nós" foi proclamada Palabra do Ano 2020 polas persoas que participaron ata o pasado 25 de decembro na elección popular promovida polo Portal das Palabras, a páxina web para a divulgación do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. Segundo o comunicado da RAG, a voz gañadora con case 3 de cada dez votos emitidos, salienta algo bo dun ano ben complicado, a celebración do centenario da xeración Nós, e olla cara ao futuro con optimismo porque nos lembra tamén que saÃrmos da crise global provocada polo SARS-CoV-2 depende da primeira persoa do plural máis absoluta, xusto nun momento en que cobra forza outra das palabras finalistas cuxo éxito dependerá da implicación de todas e todos nós: "vacina".
A segunda palabra máis votada (rozou o 20%) foi "Seteiro", referencia ao grupo de estrelas denominado tamén arqueiro (Sagittarius na forma latina). Este nome resultou finalista pouco despois de que o Seminario de TerminoloxÃa da Real Academia Galega aprobase a listaxe normalizada dos nomes galegos das constelacións. A escolla, apunta a RAG, pode verse como un xeito de reivindicar o coñecemento, e a valoración, do ceo e dos seus nomes; mais tamén ten algo, outra vez, de evasión colectiva nun ano en que a covid-19 disparou o emprego de certos termos e mesmo requiriu incorporar novas palabras e acepcións ao dicionario, entre elas o da propia enfermidade ou coronavirus. Os outros catro termos finalistas teñen, de feito, que ver con esta realidade e quedaron nas seguintes posicións: gromo, na acepción que incorporou o dicionario da RAG neste 2020, a referida á aparición súbita dunha enfermidade epidémica entre a poboación dun determinado lugar, acadou o terceiro posto; pandemia foi a cuarta palabra máis votada; máscara, a protección que deu o salto dos quirófanos á rúa, ocupa o quinto posto; e vacina, a grande esperanza que fixo máis levadÃo este annus horribilis e que comezou a subministrarse onte mesmo en Galicia, fica no sexto.
Tres letras que expresan moito
A palabra gañadora é moito máis có pronome persoal tónico da primeira persoa do plural. É tamén a voz que designa a publicación aparecida en outubro de 1920, que lle darÃa igualmente nome ao grupo galeguista organizado arredor dela. En palabras do profesor Ricardo Carballo Calero, os integrantes da xeración Nós europeizaron a cultura galega e déronlle á nosa prosa "un pulo nunca visto nos tempos modernos". O protagonista das Letras Galegas 2020 dedicoulles un capÃtulo enteiro aos seus principais membros na súa Historia da literatura galega, onde explica que a orixe desta denominación está no álbum Nós de Castelao, director artÃstico da revista. El titulou con acerto os debuxos deste proxecto co pronome tónico da primeira persoa do plural porque as tres letras que o conforman abondan para retratármonos como pobo, como cultura. E hoxe tamén abondan, tanto dende a perspectiva local como dende a global sempre conxugadas pola xeración Nós, para albiscar a solución ao gran desafÃo da pandemia da covid-19, sinalan desde a RAG