'Xenocidio' é escollida como palabra do ano 2025

Rexistráronse 7.200 votos no Portal das Palabras

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
'Xenocidio' é escollida como palabra do ano 2025

A palabra 'xenocidio' impúxose como palabra do ano no Portal das Palabras promovido pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. O termo impúxose con 2.948 votos dos 7.200 rexistrados, "adiantándose así a voz finalista vinculada a outro fenómeno de natureza ben distinta: foliada, expresión da alegría colectiva que significou a celebración das Letras Galegas das cantareiras". Deste xeito, "Foliada acadou 1.315 votos, preto do 20 %, e o terceiro posto con 843 votos é para lume". O termo 'xenocidio" foi creado por Raphaël Lemkin (1901-1959) e adoptado tras a II Guerra Mundial pola ONU. "O termo volveu pronunciarse en múltiples ocasións nos últimos meses para sinalar as accións do estado de Israel na Franxa de Gaza", sinala a Real Academia Galega.

Que che parece esta nova?
469 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega

Claves