A Real Academia Galega anunciou onte o resultado das votacións para escoller a palabra do ano, unha iniciativa promovida desde o Portal da Palabras que a entidade coordina coa Fundación Barrié. Con algo máis de 3.000 votos, o 48% dos emitidos, afouteza foi o termo elixido polos internautas entre os oito finalistas. Segundo explica o Portal das Palabras, "durante varios meses liderou a listaxe de palabras máis buscadas no Dicionario semana tras semana. Os medios de comunicación recolleron este dato, dando conta de que este interese por unha voz non moi frecuente na fala coloquial era debido á campaña do Celta de Vigo" na que reivindicaba esta voz.
A RAG destacou o incremento de participación na elección da palabra do ano, que levou a que o número de finalistas subise a oito fronte aos seis de edicións anteriores. Independencia foi a seguinte palabra en número de votos con 939 e sapoconcho a terceira con 830. Eucaliptización, teimudo, vaga de lumes, violencia de xénero e velutina foron, por orde, os outros termos mais votados.