Sentidiño é a Palabra do Ano 2019. Asà o determinou a elección virtual pública promovida polo Portal das Palabras, a web de divulgación do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. O termo máis votado polas persoas que participaron na escolla constitúe unha forma de noso de denominar o sentido común, un antÃdoto eficaz para moitas das preocupacións sociais que adoitan reflectirse nesta iniciativa que conecta a lingua coa actualidade. "Feminicidio" foi a segunda palabra máis votada nun ano no que as rúas volveron encherse de voces contra a violencia de xénero e "Narcosubmarino", apenas semanas despois de irromper na linguaxe cotiá de Galicia, acadou o terceiro posto. En total sentidiño acaparou o 51 % dos votos emitidos, feminicidio conseguiu preto do 20 % e narcosubmarino rozou o 15 %. Outros termos foron finalistas tras unha recollida de propostas entre o público, que deixou un regueiro de suxestións nas que a reivindicación da igualdade de xénero e da xestión sostible dos recursos naturais compartiu protagonismo coa actualidade polÃtica local e global. Nas edicións anteriores gañaron deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) -cadrando co centenario das Irmandades da Fala-, refuxiado/a (2015) e corrupción (2014).
A Real Academia lémbranos que a palabra gañadora deriva de sentido, que se orixina á súa vez da substantivación do participio pasado do verbo sentir, procedente do equivalente latino sentire 'percibir polos sentidos'. De todas as acepcións que recolle o Dicionario da Real Academia Galega da palabra sentido, refÃrese á cuarta, a "capacidade mental de actuar de maneira razoable e correcta". Segundo a RAG o aspecto máis interesante do termo é o papel do sufixo derivativo –iño, que neste caso non outorga á nova palabra o matiz habitual de máis pequeno senón o de 'calidade de sensato', expresando con frecuencia tamén certa complicidade coa persoa coa que se fala. De feito, manten a Academia, o noso sentidiño pode considerarse un sinónimo do sentido común, que o Dicionario define como 'bo xuÃzo' ou 'calidade ou capacidade de xulgar e actuar cabalmente'. Buscando equivalencias noutras linguas a RAG sinala que o sentidiño aseméllase moito, ao seny do catalán, cuxa primeira acepción denomina a 'ponderación mental'. Bebe tamén do latÃn sentiré, raÃz compartida igualmente con outras solucións de idiomas da mesma familia nos que o adxectivo bo funciona como o o fai o sufixo -iño na Palabra do Ano 2019. É o caso do buonsenso italiano, o bon sens francés ou o bom senso portugués.