A RAG designa "cibercarracho, -a" como palabra do ano

Obtivo o 40 por cento dos votos no portal da lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Real Academia Galega vén de facer pública a palabra do ano. Será "cibercarracho, -a", un neoloxismo de recente creación que designa os virus informáticos "nun momento en que grandes empresas de múltiples sectores e institucións públicas e privadas de todo o mundo están a ser obxecto de graves agresións de ciberdelincuentes". A palabra foi escollida por un 40 por cento dos votos rexistrados no Portal das Palabras, promovido pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. Por detrás quedou "feitiño, -a", cun algo máis do 30 por cento dos votos. Cibercarracho, -a é a décima Palabra do Ano en galego escollida na votación popular promovida polo Portal das Palabras. Nas edicións anteriores fórono comadre (2022), tanxugueiras (2021), nós (2020), sentidiño (2019) deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016), refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014).

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Tanxugueiras, Fundación Barrié