A I Residencia ArtLab IGFAE, que convocan o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas e mais a Cidade da Cultura, xa ten gañador. O graduado en Belas Artes Andrés Rivas RodÃs foi seleccionado para esta iniciativa polo seu proxecto Outro e sobre si, co que explora o concepto de superposición na fÃsica cuántica.
Rivas, que foi escolleito entre a trintena de propostas que se presentaron á primeira edición da residencia, obtén unha bolsa de 8.000 euros e disporá dun espazo de traballo na sede do IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela e mais de aloxamento nunha residencia universitaria entre o 1 febreiro e o 30 abril de 2026. O traballo resultante poderá verse na Cidade da Cultura a finais dese ano.
Segundo informou a Xunta, a proposta do creador "explorará o concepto da superposición, tema fundamental na teorÃa e computación cuántica, desde a perspectiva das artes visuais. A superposición describe a capacidade das partÃculas, como electróns ou fotóns, de posuÃr dous ou máis estados, o que implica que teñen, á vez, a probabilidade de estar en dous lugares ou moverse en dúas dirección opostas. Isto aplÃcase nos ordenadores cuánticos, que empregan como unidade de información o cúbit, un elemento que pode representar 0, 1 ou os dous estados á vez, permitindo realizar unha inxente cantidade de cálculos de maneira case instantánea".