Andrés Rodís explora a arte como proceso cirúrxico

A mostra pode visitarse no Espacio Peculiar de Oleiros ata o 10 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O artista Andrés Rodís.

O artista Andrés Rodís.

A francesa Isabelle Dinoire foi a primeira persoa en recibir con éxito un transplante facial en 2005, e tamén a inspiración para a nova mostra do artista Andrés Rodís (Santiago, 2000), que inaugurou no Espazo Peculiar, en Oleiros, o pasado 5 de Abril. Na mostra, titulada tamén "Isabelle Dinoire", o artista experimenta cos cambios que sufre a obra artística cando se introducen nela novos elementos que transforman o corpo orixinal, tal que papeis con debuxos, imaxes ou signos da escrita, "que os asimila xerando unha nova unidade na que os cortes e unións convértense en pegadas esenciais". É a segunda mostra individual deste artista mozo en Galicia e está comisariada por Pilar Romero.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O retorno de Mouzo

O retorno de Mouzo

O Auditorio de Galicia acolle a primeira retrospectiva do artista

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oleiros, Cortes

Claves

Conceptos
Lugares