Este oito de outubro, a coincidir coa celebración do Día da Ciencia en Galicia, a Real Academia Galega celebrará a entrega das súas Medallas de Investigación. Cinco científicos das universidades de Vigo e de Santiago recibirán estes galardóns en cadansúa categoría a recoñecer unhas carreiras que se desenvolveron maioritariamente en Galicia. En concreto, neste ano o galardoado coa medalla Enrique Vidal Abascal, da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación é Carlos Salgado, director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da USC. A medalla Antonio Casares Rodríguez, da sección de Química e Xeoloxía, foi á súa vez para o catedrático Jesús Simal-Gándara da Universidade de Vigo.
Luis Miguel Botana, da USC, recibirá a medalla Ánxeles Alvariño, da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde, mentres Xosé Ramón Nóvoa, da Universidade de Vigo, resultou galardoado coa Isidro Parga Pondal da Sección de Ciencias Técnicas. Finalmente, a medalla Domingo García-Sabell Rivas, da sección de Ciencias Económicas e Sociais da RAGC, destacou a traxectoria de José Manuel Sabucedo, catedrático de Psicoloxía Social na USC.
A Academia de Ciencias entregará no mesmo acto no compostelán Colexio de Fonseca, o seu Premio de Investigación Ernesto Viéitez, que foi para o traballo que dirixen Diana Guallar e Miguel Fidalgo sobre reprogramación celular na Universidade de Santiago. Na categoría de investigadores mozos, a institución recoñeceu o traballo de Raúl Santoveña, do Centro de Investigación TIC da UDC, que participou dno descubrimento dun tipo de estrelas descoñecidas ata agora.