A coincidir coa celebración, este oito de outubro, do Día da Ciencia en Galicia, a Academia Galega de Ciencias entrega as súas Medallas de Investigación. Estes galardóns, nados estes mesmo ano para recoñecer a "traxectoria dos científicos e das científicas en activo, con actividade consolidada, desenvolvida maioritariamente en Galicia", contan con cinco categorías, correspondentes ás áreas de traballo da Academia.
Destas, a medalla Ánxeles Alvariño ao traballo en Bioloxía e Ciencias da Saúde foi para Carlos Diéguez González, director do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) e referencia no campo da neuroendocrinoloxía. A Enrique Vidal Abascal, correspondente á sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación, foi para o catedrático en matemática aplicada Alfredo Bermúdez de Castro. María Teresa Moreira recollerá, pola súa banda, a medalla Isidro Parga Pondal da sección de Ciencias Técnicas en recoñecemento ao seu labor no campo da enxeñería bioquímica.
A medalla Domingo García-Sabell Rivas, da sección de Ciencias Económicas e Sociais vai para Xavier Labandeira Villot, catedrático de Economía da Universidade de Vigo e director do centro de investigación Economics for Energy, mentres o director científico do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), José Luis Mascareñas obtivo a medalla Antonio Casares Rodríguez, da seccion de Química e Xeoloxía.
Os galardóns entréganse no marco do acto académico do Día da Ciencia en Galicia, que se desenvolve no Colexio de Fonseca ás 12 da mañá deste 8 de outubro.