A Real Academia Galega de Ciencias conmemora hoxe o Día da Ciencia en Galicia, unha efeméride que pretende a promoción social da ciencia, salientando a vida e actividades das personalidades que destacaron pola súa achega ao desenvolvemento científico na nosa comunidade. A RAGC celebra un acto central en Santiago, no Salón Nobre de Fonseca, en homenaxe a Manuel Colmeiro y Penido, nomeado como "Científico Galego do Ano" pola Academia pola súa "contribución ao cambio económico e social en Galicia e España". Durante o evento, que comezará ás 12:00 horas, impartirá unha conferencia en torno á figura do homenaxeado Juan Ramón Quintás, catedrático de Análise Económica e académico da RAGC. Ademais, no transcurso do acto proxectarase un vídeo centrado na súa traxectoria vital e profesional. E farase entrega das cinco Medallas de Investigación de Galicia que concede a Real Academia Galega de Ciencias.
A RAGC recoñece cos seus galardóns a cinco científicos galegos en activo das universidades de Santiago de Compostela (USC), A Coruña (UDC) e Vigo (UVigo). Esta distinción, que cumpre a súa quinta edición, valora as traxectorias singulares e consolidadas en investigación, desenvoltas en Galicia, ademais de fomentar a promoción da ciencia e a tecnoloxía galegas para tratar de difundir á sociedade o aprecio polos valores científicos. Jesús Salgado (medalla Domingo García-Sabell Rivas,da sección de Ciencias Económicas e Sociais), David Posada (medalla Ángeles Alvariño González da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde), Ricardo Cao (medalla Enrique Vidal Abascal da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación), Aurora Grandal (medalla Antonio Casares Rodríguez,da sección de Química e Xeoloxía) e Fernando Obelleiro (medalla Isidro Parga Pondal de Ciencias Técnicas) recibirán a súa distinción neste acto.
Colmeiro, un científico social a prol do benestar
Manuel Colmeiro (Santiago de Compostela, 1818 Madrid, 1894) licenciouse en Dereito e doutorouse en Leis na facultade de Dereito da Universidade de Santiago. Foi profesor de Economía Política e de Dereito Político e Administrativo da USC desde 1840. Con tan só 29 anos foi nomeado catedrático de Economía Política e Dereito Político e Administrativo na USC e de Dereito Político e Administrativo na Universidad Central de Madrid, onde ocupou a súa cátedra ata 1881. A finais de 1842 foi nomeado socio de mérito da Real Sociedade Económica de Santiago, desde onde formou parte de comisións que estudaron a reforma de pesos e medidas, o sistema monetario español, a renda do sal, o establecemento dunha fábrica de sedas e algodóns en Santiago, así como os medios que se poderían propoñer para activar a construción de varias estradas na provincia.
Colmeiro foi un dos mellores expertos españois do século XIX nos campos da Economía, Dereito Administrativo e Dereito Político, destacando ademais a súa dedicación á Historia. Anhelaba un modelo de sociedade máis aberta, con maior participación cidadá, convencido de que a principal misión da ciencia económica era "hacer el bienestar tan general como fuere posible". Así, entre outros aspectos, defendeu a existencia de sindicatos para resolver os conflitos, unha lexislación limitadora do traballo infantil, o proteccionismo ás pemes, a eliminación de impostos de consumos, estender a educación, as caixas de aforros e a beneficencia pública, así como o establecemento dunha política activa do Goberno para remediar o desemprego e a mendicidade, ou unha rede viaria "por conta do Estado".
Consciente de que a desamortización de Mendizábal de 1836 non daba unha resposta para a modernización do agro galego, foi o primeiro economista en albiscar a vía que debería seguirse, avogando pola redención dos foros, de xeito que se propiciara que a propiedade da terra fora dos propios labregos que a cultivaban e, ao mesmo tempo, dar solución ao minifundismo. Ao seu xuízo, este cambio contribuiría ao desenvolvemento agrario e económico. Non é ata 30 anos mais tarde que se publica a primeira lei de redención de foros e terían que pasar outros 50 ata que o sistema foral quedara definitivamente abolido en Galicia.