A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) recoñece coas Medallas de Investigación a cinco científicos galegos en activo das universidades de Santiago de Compostela (USC), Vigo (UVigo) e do CSIC. Trátase do experto en patoloxía de organismos mariños Antonio Figueras, o economista Santiago Lago, o enxeñeiro Pedro Arias, o catedrático en Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial Alberto Bugarín e o químico Diego Peña. Esta distinción, que cumpre a súa sexta edición, valora as traxectorias singulares e consolidadas en investigación, desenvoltas en Galicia, ademais de fomentar a promoción da ciencia e a tecnoloxía galegas para tratar de difundir á sociedade o aprecio polos valores científicos. A entrega das medallas terá lugar no acto académico de celebración do Día da Ciencia en Galicia, o vindeiro 8 de outubro no Paraninfo da USC, en Santiago.
A medalla Domingo García-Sabell Rivas, da sección de Ciencias Económicas e Sociais, destaca a traxectoria do economista Santiago Lago Peñas (Vigo, 1971), catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago. É un referente internacional no campo do federalismo fiscal e a descentralización. É un referente internacional no campo do federalismo fiscal e a descentralización. Traballou como asesor para organismos internacionais como o Banco Mundial, a OCDE ou o Banco Interamericano de Desenvolvemento; e participou no deseño de políticas públicas en España e Galicia. Tamén formou parte dos equipos redactores dos últimos Libros Blancos do Goberno de España nos ámbitos do financiamento autonómico e reforma fiscal. En 2010 fundou o Foro Económico de Galicia, unha plataforma que fomenta o diálogo entre o sector empresarial, o académico e o político. Está considerado un dos economistas máis influentes de España no ámbito da economía pública.
Antonio Figueras Huerta (Vigo, 1957) recibe a medalla Ángeles Alvariño González da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde da RAGC. É investigador do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, con sede en Vigo, onde dirixe o grupo de Inmunoloxía e Xenómica. É un referente internacional en patoloxía de organismos mariños, especialmente moluscos. O catedrático Diego Peña Gil (Santiago de Compostela, 1974), investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago (CiQUS), recibe a medalla Antonio Casares Rodríguez, da sección de Química e Xeoloxía, pola súa gran traxectoria científica. É un investigador cun gran recoñecemento internacional, que abriu unha nova área de investigación en Química Orgánica, tratando de resolver problemas químicos mediante a combinación da química e a ciencia de superficies, que leva á manipulación de moléculas individuais.
Investigadores avanzados en IA
Pedro Arias Sánchez (Lugo, 1965), catedrático de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, e investigador principal do grupo de investigación Xeotecnoloxías Aplicadas da Universidade de Vigo, foi o elixido pola sección de Ciencias Técnicas para recibir a medalla Isidro Parga Pondal. A RAGC destaca o seu brillante labor investigador, ao afondar nos aspectos científicos que presentan as xeotecnoloxías, en particular a xeointelixencia, campo que combina as técnicas e ferramentas relacionadas coa intelixencia artificial coa información xeoespacial. Os avances na experimentación con Intelixencia Artificial están presentes tamén na concesión da medalla Enrique Vidal Abascal, da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación. Este ano correspóndelle ao catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de Santiago Alberto Bugarín Diz (Caracas, 1967). É investigador do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC, onde coordina o Grupo de Sistemas Intelixentes, recoñecido como grupo de referencia competitiva da Xunta de Galicia. A súa investigación céntrase en diferentes áreas da intelixencia artificial e as súas aplicacións, como a xeración de linguaxe natural, intelixencia artificial fiable, computación flexible, aprendizaxe automática e a representación do coñecemento e razoamento aproximados.