O concello de Santiago recibe formalmente as esculturas do mestre Mateo

A partir do 11 de decembro poderanse visitar no Museo do Pobo Galego antes da decisión sobre a súa localización definitiva

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Foto: Concello de Santiago

Foto: Concello de Santiago

O concello de Santiago escenificou a recepción das esculturas do mestre Mateo, que foron traídas do pazo de Meirás ata o Museo do Pobo galego. Goretti Sanmartín sinalou que se trataba dun "día histórico" para a concello de Santiago. A entidade municipal recuperou formalmente a propiedade e custodia das esculturas do Mestre Mateo, Abraham e Isaac, poñendo fin a máis de 70 anos de posesión por parte da familia Franco. A recepción das obras marca o remate dun complexo proceso xudicial e social iniciado en 2017 para reverter o espolio destas pezas, que formaban parte da fachada orixinal do Pórtico da Gloria. Sanmartín subliñou que este logro non é só unha vitoria xudicial, senón "un triunfo da dignidade colectiva e da memoria democrática", lembrando que as estatuas foron subtraídas do patrimonio público mediante mecanismos ilexítimos durante a ditadura. As estaturas poderanse visitar a partir do 11 de decembro no Museo do Pobo Galego. Posteriormente abrirase un proceso para decidir a localización final das dúas esculturas a través dunha comisión de expertos, aínda que a decisión final será da alcaldía.

Que che parece esta nova?
110 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Santiago, Museo do Pobo Galego, Goretti Sanmartín, Pórtico da Gloria...