As estatuas de Abraham en Isaac que fixeron parte do Pórtico da Gloria e que se atopan en mans da familia Franco serán declaradas Ben de Interese Cultural. A Xunta de Galicia anunciou que nos vindeiros meses incoará o expediente para conseguir a protección e o recoñecemento legal destas pezas, unha declaración que en ningún caso afectará á titularidade das mesmas. Canda a estas dúas estatuas, a declaración afectará, segundo informa a Xunta, a outras esculturas atribuÃdas ao obradoiro do Mestre Mateo e que se conservan no Museo da Catedral de Santiago e no Museo de Pontevedra, que serán recoñecidas de xeito individual en atención ao "polo excepcional valor histórico-artÃstico que sen dúbida posúen".
En paralelo, o Concello de Santiago anunciou que recorrerá á vÃa civil para denunciar a familia Franco pola usurpación destas pezas. Segundo anunciou o consistorio, a denuncia require que "se declare que as dúas esculturas pertencen ao Concello de Santiago e que se condene a Carmen Franco y Polo a que as devolva á Corporación para sexan obxecto de exposición permanente no Museo da Catedral de Santiago". O texto argumenta que "as pezas foron compradas polo Concello de Santiago nunha acción perfectamente legal e documentada, mentres que non existe ningún documento que xustifique que as dúas esculturas acabaran no poder da familia Franco". O consistorio solicitáralle a devolución das dúas pezas á familia, sen que polo momento obtivese resposta.