O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto 100/2019, de 26 de xullo, de declaración de Bens de Interese Cultural das nove estatuas atribuÃdas ao Mestre Mateo procedentes da desaparecida portada occidental da catedral de Santiago de Compostela. A Xunta da remate asà ao expediente incoado en xaneiro de 2018. As esculturas que agora teñen esta categorÃa BIC teñen diversos propietarios: o Museo da Catedral de Santiago, o Museo de Pontevedra, ou propietarios particulares. Isto inclúe as dúas estatuas ("Abraham ou XeremÃas" e "Isaac ou Ezequiel") das que a familia Franco indica a propiedade e sobre as que o concello de Santiago de Compostela presentou un litixio reclamando a súa devolución que actualmente está sentenciado pero recorrido desde o consistorio. Cada unha das nove esculturas se inscribirá individualmente no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e comunicarase ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural da Administración Xeral do Estado. Tal e como consta no decreto, na tramitación deste expediente contouse cos informes da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, o Consello da Cultura Galega e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, segundo se establece no artigo 18.2 da LPCG, que como órganos consultivos informaron favorablemente en relación co carácter sobranceiro das pezas. Indica o decreto que a Real Academia de Belas Artes propuxo a extensión da declaración como ben de interese cultural a toda a obra do Mestre Mateo e ao seu obradoiro en Santiago de Compostela, que poderá ser avaliada noutro trámite sen que iso se opoña ao valor sobranceiro recoñecido a estas esculturas en concreto. Contra este acto as persoas interesadas poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o dÃa seguinte ao da súa publicación ou interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.