O caso das estatuas do Mestre Mateo en mans da familia Franco chegará ao Supremo

O Concello de Santiago anunciou que presentará un recurso de casación antes do día 20 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Concello de Santiago presentará antes do 20 de xaneiro un recurso de casación ante o Tribunal Supremo polo caso das estatuas do Mestre Mateo en mans da familia Franco. O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo anunciou esta resolución logo da sentenza da Audiencia Provincial de Madrid que non considera probado que as estatuas que reclama o Concello sexan as mesmas que posúa e familia. O alcalde apuntou que esta decisión resulta lesiva para o interese público e cualificou a mesma como "sorprendente" e lembrou que propia familia "recoñece expresamente" o seren as mesmas pezas que se reclaman.

Que che parece esta nova?
106 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Santiago, Tribunal Supremo, Madrid

Claves

Lugares