Tal e como anunciara, o Concello de Santiago presentou onte recurso ante a Audiencia Provincial de Madrid á sentenza que lle outorga á familia Franco a propiedade das estatuas do Mestre Mateo. Segundo explica o concello, a decisión do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 41 de Madrid conta con argumentos errados. En particular, apunta fallos do xulgado ao sinalar que non quedara demostrada a entrega das estatuas ao Concello, ao pór en dúbida identificación das pezas, e na aplicación do usucapión, que determina que as peza lles pertencen aos Franco polo tempo transcorrido desde que están na súa posesión.
Para apoiar o seu recurso, o Concello anunciou que presentará novos testemuños da toma de posesión das pezas por parte do concello en 1947, cando adquiriu estas ao Conde de Ximonde. Ademais, achegará informes que pretenden verificar a identidade entre aquelas pezas e as que actualmente están en posesión da familia Franco. Finalmente, o Concello porá tamén en cuestión a propiedade das estatuas en base a xurisprudencia do Tribunal Supremo que, segundo expón o consitorio "sinala que con independencia da súa catalogación, os bens integrantes do Patrimonio histórico artÃstico nacional son imprescritibles e inalienables, é dicir, non se poden comprar nin vender nin se poden posuÃr por particulares a efectos de adquisición da propiedade".