O primeiro dos encontros xudiciais civÃs entre o Concello de Santiago e a familia Franco na súa disputa sobre a propiedade das estatuas de Abraham e Isaac obra do Mestre Mateo resolveuse en primeira instancia no Xulgado nº41 de Madrid a favor dos herdeiros do ditador. O alcalde da capital galega asume que este é o comezo dun proceso que terá que chegar a ata o Tribunal Supremo. Segundo a sentenza emitida o pasado venres a xuÃza desestimou a demanda do consistorio galego e o dereito de propiedade dos Franco sobre os bens baseándose no principio de usucapión, unha forma de adquisición tamén chamada prescrición adquisitiva ou positiva, que se recoñece de manterse a posesión sobre un ben durante un tempo determinado e dándose unhas condicións concretas establecidas pola lei. Este modo de adquirir un dereito de propiedade sobre un ben pode exercerse tras un perÃodo de ter pasado seis anos de posesión pacÃfica, pública, continuada e non interrompida do ben, cousa que ocorre neste caso xa que as estatuas levan en poder da familia 63 anos.
Na sentenza ademais a xuÃza lembra esta excesiva dilación en presentar a demanda ao consistorio sinalando a súa "pasividade" durante todos estes anos, nomeadamente desde a fin da ditadura, e mesmo pon en dúbida que as estatuas sexan aquelas das que se presenta documentación da adquisición leva a cabo polo consistorio ao Conde de Ximonde. En declaracións ao xornal La Voz de Galicia o alcalde de Santiago, Martiño Noriega dixo asumir que este era un tema xudicial de longo percorrido que terá que chegar ata Tribunal Supremo, para o que o Concello está a preparar o seguinte paso cun recurso ás Cortes provinciais. Para o rexedor compostelán a sentenza dada en primeira instancia resulta "moi sesgada" e entra a cuestionar cousas "que non cuestionou nin a familia Franco" como a propia identificación correcta das pezas. O Concello xa prepara o seguinte recurso e, segundo fontes do consistorio, non se descarta tamén a presentación de novas testemuñas.