O Tribunal Supremo condena aos Franco a restituír ao concello de Santiago as esculturas do mestre Mateo

Considera que a "identificación das estatuas é clara"

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O Tribunal Supremo condena aos Franco a restituír ao concello de Santiago as esculturas do mestre Mateo

O Tribunal Supremo condenou aos herdeiros do dictador Francisco Franco a devolver ao concello de Santiago de Compostela as dúas estatuas de Abraham e Isaac orixinalmente situadas no Pórtico da Gloria e atribuidas ao Mestre Mateo. A traxectoria xudicial da demanda do concello compostelán, iniciada durante a alcaldía de Martiño Noriega, non fora positiva ata o momento. A entidade municipal sostiña que as pezas foran adquiridas en 1948 ao conde de Ximonde e que foran levadas sen acordo por parte de Francisco Franco. Para o Tribunal Supremo "produciuse un erro patente na valoración da proba" e a identificación das estatuas reivindicadas é "clara, e despréndese sen lugar a dúbidas dos documentos achegados e do informe pericial emitido sen posibilidade de dúbida".

Que che parece esta nova?
101 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tribunal Supremo, Francisco Franco, Pórtico da Gloria, Concello de Santiago de Compostela