A Xustiza volve fallar en favor dos Franco na demanda das estatuas do Pórtico da Gloria

A sentenza afirma que non se pode demostrar que se trate das mesmas esculturas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Novo revés no percorrido xudicial da demanda do concello de Santiago contra a familia Franco pola propiedade das estatuas do Pórtico da Gloria que posúen os herdeiros do dictador. En segunda instancia, a xustiza rexeito de novo a argumentación municipal, confirmando a anterior sentencia. Desta volta, a Audiencia provicincial dictaminou que "aínda que poida afirmarse que a Corporación Municial demandante efectivamente puido adquirir tres estatuas", a demanda non acredita que "esas estatuas sexan exactamente as mesas que as posuídas polos demandados". Neste caso, a ausencia de testemuñas gráficas que permitan conectar directamente as estatuas do concello coas que son propiedade dos Franco é o argumento sostido polos xuíces, malia os informes históricos presentados polo concello que apoian que sexan as mesmas pezas. Agora, o concello de Santiago debe decidir se continúa coa demanda elevándoa ao Tribunal Supremo.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pórtico da Gloria, Concello de Santiago, Tribunal Supremo