A finais de 2019 a Audiencia provincial de Madrid publicou a sentenza pola que recoñecÃa a propiedade das esculturas dos profetas do Pórtico da Gloria elaboradas polo Mestre Mateo para a familia Franco. Xa a finais do mes seguinte, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantaba que o concello de Santiago presentarÃa un recurso de casación diante do Tribunal Supremo para que admitira na documentación da sentenza a acta da compra das dúas esculturas por parte do concello, que finalmente fora localizada no arquivo municipal e que fora rexeitada durante o xuÃzo anterior por aparecer máis tarde do prazo. O venres, o concello de Santiago anunciou que o Tribunal Supremo acaba de admitir a trámite os dous recursos que permitirán a incorporación da nova documentación e revisar a sentenza. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confiou en que "o Tribunal Supremio aprecie a nova documentación achegada, revise unha sentenza claramente inxusta" e se poidan recuperar as obras.